Lanzamento de ‘Os días do cometa’

A nova novela gráfica do escritor e xornalista Manolo López Poy e o noso socio Miguel Fernández, Os días do cometa, chegará nos próximos días ás librarías de Galicia. Os autores de Mamed Casanova: O fillo da furia (2010), que se reedita precisamente agora, chegan cunha nova obra de xénero negro, nesta ocasión ambientada na Galicia dos anos oitenta. Segundo a nota difundida pola editorial, «é a primeira vez que na banda deseñada se abordan temas como a prostitución, o narcotráfico e a corrupción no rural galego».

A primeira das presentacións será o próximo venres 22 de marzo na libraría Komic (rúa San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela).

Compartir