Hoxe faise público, en formato PDF, o novo informe do Observatorio da Ilustración Gráfica. Leva por título Los retos de la era digital, e trata de forma especial os cambios que debe afrontar a profesión perante as perspectivas que se abren nos nosos días cos medios dixitais, e todas as consecuencias, positivas e negativas, que traen consigo. O informe repasa a situación dos novos mercados, as posibilidades e necesidades dos ilustradores e ilustradoras, a situación dos seus dereitos de autor neste contorno globalizado e outros temas non menos importantes como o ensino da ilustración en España.
Los retos de la era digital é un texto asinado conxuntamente polos membros da Comisión de Profesionais do Observatorio: Horacio Altuna, Pablo Amargo, Elisa Arguilé, Arnal Ballester, Ulises Culebro, Ricardo Esteban, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges, Miguel Gallardo, Pablo Martínez, Max, Albert Monteys, Elena Odriozola, Javier Olivares, Carlos Ortín, Miguelanxo Prado, Mariona Sardà, Rosa Serrano e Javier Zabala. O informe completo, en castelán, pode lerse aquí. A versión en inglés pode encontrarse nestoutra ligazón. En próximos días poderá accederse tamén ao documento noutros formatos de lectura.