Lucía Gómez presenta a versión animada de «Micho Pocho»

O estudio Algarabía Animación estrea hoxe, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, unha peza de animación «para fomentar os bos hábitos en torno ao consumo responsable e a reciclaxe», inspirada neste caso polo feito de a ONU ter dedicado o día este ano ás consecuencias que sofre a poboación das
illas a causa do quecemento global.

O vídeo, de dous minutos de duración, ten como protagonista o personaxe Micho Pocho, creación da nosa socia Lucía Gómez.

Compartir