Este 24 e 25 de novembro terá lugar o Magosto Gráfico, evento sobre ilustración e creatividade na Coruña, na planta baixa da Sede de Afundación de A Coruña (Rúa Cantón Grande, 8)
É un evento organizado por Autobán, Colectivo Miñoco, Ánimas Anónimas e AGPI, con moi distintas actividades de balde e abertas ao público.
:: VENRES, 24 de Novembro
18:00 – 21:30 – Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración. 19:00 – Drink & Draw especial animación. Quedada para debuxar aberta a todo o mundo (profesionais e amateurs) cunha serie de probas, que nesta ocasión tratarán sobre a creación de elementos e personaxes para a súa posterior animación por parte dos integrantes do colectivo Ánimas Anónimas.
20:30 – Concerto Ilustrado de Ocre con debuxo en vivo de Mateo Alvarellos e Paula Esteban.
:: SÁBADO, 25 de Novembro
11:30 – 21:30 – Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.
12:00 – Minibán: contacontos de Iván Serrano ilustrado en vivo por Roberto Martínez Soler e Maria Alvarez Hortas.
13:30 – Cara o mediodía poderedes desfrutar dunha sesión vermú amenizada por F. Taccio, que preparará unha animada sesión de musiqueo.
16:00 – Charla: «A impresión dixital ao servizo da creatividade. Un mundo de posibilidades» polo Colexio Fogar Afundación.
17:00 – Autocine: proxección de curtas de animación independentes, especialmente escollidas por Martin Romero.”Double King” de Felix Colgrave “Cat City” de Victoria Vincent “The Kiosk” de Anete Melece “Little Girl” de Steven Subotnick
19:00 – Coloquio: “Mamá, quero ser artista! – Venturas e desventuras do mundo da creación” Gemma Pérez, deseñadora gráfica e multimedia; Yago García, ilustrador e deseñador de produto; e Giovanna Lopalco, animadora e ilustradora, moderados por Bernal Prieto.
20:30 – IlustraNoite: é un evento da AGPI, cun formato axil e ameno que permite que varios creadores ou colectivos presenten a súa obra de forma rápida e divertida. Nesta edición contaremos con David Fidalgo Omil, Isa Albela, Espazo XYZ, Roque Romero, Cogomelo Games, Sekone, Oreli Pello e Ánimas Anónimas.