Esta tarde, ás 18:00 h, o noso socio Jacobo Fernández Serrano presenta en Santiago a súa serie Marcopola, a illa remeira, composta nos sus primeiros volumes polos títulos As orixes de Marcopola e Os Piratas da Lúa. Será en Komic Librería (rúa de San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela),
Pola súa parte, o próximo mércores 3 de xullo, ás 19:00 h, Antonio Seijas, tamén socio noso, presentará a súa novela gráfica Cartas de inverno na Feira do Libro de Vigo, xunto con Agustín Fernández Paz —autor da novela en que se basea— e o editor Manuel Bragado.