María Gilino, na colectiva «Sen ataduras»

A ilustradora María Gilino participa, coa obra Sen voz, na exposición colectiva «Sen ataduras», que desde o 3 de marzo ata o 3 de abril de 2011 pode visitarse na Casa de Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10-baixo, 15003 A Coruña).

A mostra, organizada polas concellerías de Cultura e de Igualdade do Concello da Coruña, serve para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e reúne obra de dezaseis mulleres artistas.

O catálogo completo da exposición pode descargarse na web do departamento municipal de Cultura coruñés (PDF, 2,06 Mb).

Compartir