Mariano Casas lanza un proxecto de libro en Verkami

O noso socio Mariano Casas volve empregar o sistema do crowdfunding como medio para desenvolver un proxecto; anteriormente xa o fixera por medio da venda de bonos, e agora está a empregar unha das plataformas que permiten este tipo de iniciativas en internet, Verkami.

O seu novo proxecto é El Club del Miedo, unha novela gráfica de máis de 200 páxinas. A web permite varias opcións para facer achegas económicas ao proxecto, aínda que estas teñen que efectuarse ao longo de corenta días desde que este é presentado.

Compartir