Os nosos socios Marina Seoane e David Pintor estarán nos próximos días na Feira do Libro de Madrid asinando exemplares das súas obras.
Marina asinará os que ten publicados na editorial Edimáter: ¡Brujas!, La lluvia mágica e ¡Vamos a viajar! 1 e 2. As sesións de autógrafos serán en dúas casetas, a de El Dragón Lector (n.º 52) e a da Asociación de Editores de Andalucía (n.º 278). Na primeira estará o 8 de xuño, entre as 18:30 e as 20:30. Na segunda, o 26 de maio e o 6 de xuño de 19:00 a 21:00; o día 7 de 18:00 a 19:00, o día 8 de 12:00 a 14:00, e o día 10 de 10:30 a 12:00 h.
Pola súa parte, David Pintor estará na caseta de Kalandraka (n.º 139) o sábado 2 de xuño, de 12:00 a 14:00 h.
Actualización: Ademais deles, outro dos nosos socios, José Domingo, estará tamén asinando os seus libros mañá, 26 de maio, a partir das 18:00, na caseta de Madrid Cómics (n.º 85). Ás 11:30, no mesmo lugar, asinará con outros dos colaboradores do proxecto Black Pulp Box.