O selo Los Sueños del Gatipedro, fundado por Editorial Galaxia e Fol Música para a difusión en castelán de libros, discos e produtos multimedia galegos, será presentado na nova edición da feira Liber, que se desenvolve desde mañá ata o día 4 en Madrid.
Un dos primeiros produtos ofrecidos é Deveribés, libro-disco que recolle os mellores temas do grupo de música para cativos Mamá Cabra e cuxas ilustracións corren a cargo da nosa socia Marina Seoane. Nesta ligazón poden verse algunhas imaxes do libro.
Esta experiencia vén despois do éxito de Rosalía pequeniña, o libro-disco de Uxía Senlle sobre poemas de Rosalía de Castro, que tamén ilustrou Marina.