Dentro das actividades relacionadas coa exposición «Soños ilustrados», este xoves, día 26, desenvolverase unha mesa redonda na Biblioteca da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo), onde está situada a mostra ata o 10 de xuño.
No acto participarán varios dos autores recollidos na exposición: David Pintor, Kiko da Silva, Pablo Otero, Ramón Trigo, Juan Rivas e Federico Fernández. Será ás 19:00 h.