Mini-xira de Max por Galicia

Mañá, xoves 20 de xuño, o ilustrador e autor de banda deseñada Max estará na escola de cómic O Garaxe Hermético (rúa Álvaro Cunqueiro 4 baixo, 36002 Pontevedra) para impartir unha clase maxistral entre as 17:30 e as 20:30 h.

O venres, día 21, fará unha presentación da súa obra Vapor, con sesión de sinaturas, na Libraría Paz (rúa da Peregrina 29, 36001 Pontevedra), ás 19:00 h. Finalmente, o
sábado, día 22, estará en Vigo para unha charla-coloquio en La
Historia Cafebar
(rúa da Cruz Branca 5, 36205 Vigo) ás 12:00 h, e ás 18:00 h asinando exemplares dos seus libros na Libraría Banda Deseñada (rúa Cataluña 27, 36206 Vigo)

Compartir