Coincidindo co centenario da voda de Afonso Daniel R. Castelao coa súa dona Virxinia, Demo Editorial está a presentar a colección Castelao, e nomeadamente o segundo volume desta, Titoán, en varias localidades. Os pasados 13 e 16 de outubro, en Allariz (na Libraría Aira das Letras) e Madrid (en Aturuxo Tenda Galega), e o próximo sábado día 20 no Centro Cultural de Novagalicia Banco da Estrada. O acto contará coa presenza do guionista da serie, Inacio Vilariño.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónhistoricoMini xira de presentacións de ‘Titoán’