Dani Montero acaba de facerse co premio á mellor colección de caricaturas no VIII Certame de caricaturistas noveis organizado e convocado pola Casa da Xuventude, a Concellaría de Cultura e o Centro Cultural da Deputación de Ourense. Este primeiro premio está dotado con 800 euros, e a entrega terá lugar en marzo, en Ourense. Durante ese mesmo mes as caricaturas de Dani Montero estarán expostas na Casa da Xuventude xunto coas de outros premiados.
Tamén podedes velas aquí na web da AGPI.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónhistoricoMontero gaña o 8º Certame de caricatura novel