O célebre autor de
literatura infantil estadounidense Maurice Sendak, considerado un dos ilustradores de contos infantís máis importantes
do século XX, morreu hoxe nun hospital de Connecticut aos 83 anos,
segundo The New York
Times.
Sendak saltou á fama en
1963 coa publicación de Onde viven os monstros, obra que foi adaptada nos últimos anos á gran pantalla. Os contos
deste escritor e ilustrador, que introduciron o lector nun mundo máxico de grandes
riquezas visuais e narrativas, foron unha parte fundamental da
infancia estadounidense desde os anos sesenta.
Máis información en
castelán, nesta
ligazón.