Mostra sobre José María Cao Luaces


A mostra “José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura
arxentina”
inicia na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela un percorrido polas catro
provincias galegas para poñer en valor a obra deste debuxante
imprescindible na historia da ilustración e caricatura galega, a pesar de ser un gran descoñecido na súa terra.

A mostra reúne unha
escolma de 40 caricaturas a través das que se poñen de manifesto as
distintas etapas polas que pasou o seu creador.

Cao Luaces nado en Cervo en 1862, comezou traballando na fábrica de
Sargadelos deste concello lucense. Con 25 anos emigrou a Buenos Aires.
Alí, logo dunha amplísima e prolífica traxectoria en diferentes
publicacións da capital porteña, o artista galego acadará prestixio internacional e será recoñecido
como “patriarca da caricatura arxentina”. Co seu influxo indirecto,
Castelao creará a moderna escola galega de humor gráfico.

Podedes visitar a mostra en:
> Biblioteca Ánxel Casal (Santiago de Compostela) >> 4 de maio-11 de xuño
> Biblioteca Pública Antonio Odriozola (Pontevedra) >> 14 de xuño -10 de xullo
> Sala José Ángel
Valente (Ourense) >> 12 de xullo-7 de agosto
> Biblioteca Pública de Lugo >> 2-28 de setembro
> Casa da
Cultura de Melide >> 30 de setembro-25 de outubro
> Biblioteca
Pública Miguel González Garcés (A Coruña) >> 27 de outubro-27 de
novembro
> Sala de exposicións de Sargadelos en Cervo >> 29 de novembro-20 de decembro.

Compartir