Muller, arte e creatividade

Dentro dos II Encontros 8 de Marzo, subtitulados «Muller, arte e creatividade», serán inauguradas mañá, día 7, ás 20 h, dúas exposicións no Museo Municipal de Ourense (rúa de Lepanto 8, 32005 Ourense), baixo a organización do Colectivo Sociocultural Violeta.

Así, no primeiro andar haberá unha exposición de caricaturistas e ilustradoras; no segundo, outra de diferentes autoras que empregaron diversos formatos (pintura, escultura, tapiz, videocreación, fotografía).

As artistas presentes nas mostras son Asún Ada, Belén Andrade, Socorro Balvís-Castiñeiras, Ana-Olalla Castro, Colectivo METT03.04, Eva Domínguez, Aida Estrela, Flora Fernández, Natalia Figueiras, Natalia G. Devesa, Ana Iglesias, J. Jiménez, Charo López, Idoia de Luxán, Elena Malleira, Merçé, Elena Nieto, Olalla FL, Concha Outeiriño, Celia Parra, Pirusca, Luchi Polo, Raquel Rei, Esther Rodríguez Balboa, Iolanda Rodríguez, Raquel Rodríguez, Alba Rubín, Tareixa Taboada, María Vilar e Rosa Villar.

Compartir