Mural e nova serie de Jacobo Fernández

Entre os resultados que deixou a última edición do Viñetas desde o Atlántico está o mural que o noso socio Jacobo Fernández Serrano realizou na coruñesa rúa do Marqués de Pontejos. O motivo do mural non é outro que os personaxes da serie Marcopola, a Illa Remeira, que Jacobo publica en Xerais (en versión galega) e Bang Ediciones (en castelán, catalán e francés).

Jacobo Fernández deu a coñecer este mes tamén o que será a súa nova serie: Tulpa, que aparecerá mensualmente na revista Oink! O número 0 da publicación foi presentado no Viñetas, e nel deron comezo as series de banda deseñada que se publicarán, a partir do número 1, acompañadas de artigos e outros textos. Na númerosa nómina de creadores encontramos outros socios da AGPI: Andrés Meixide, coa súa nova serie Bup & Tap; Fran Bueno, que retoma con Marilar Aleixandre a serie Os Escachapedras; e David Pintor, que, como membro do dúo Pinto & Chinto, recupera a serie Tito Longueirón.

Compartir