Nace Barbamigos.com, tenda en liña de produtos ilustrados

Nestes días presentouse en sociedade a nova tenda en liña Barbamigos.com, que levan adiante os ilustradores Roque Romero e Bernal Prieto, socio noso. Barbamigos está dedicada «á venda de produtos deseñados e ilustrados en exclusiva», tales como láminas, chapas ou bolsas de tea. Segundo os seus promotores, é unha «aposta pola orixinalidade e calidade», e ofrece aos seus creadores unhas boas condiciones de trato e
porcentaxe de beneficios
sobre o prezo de venda ao público. Ademais, tamén aceptan encargos de produción e de deseños personalizados.

Compartir