Nace ‘Boreal’: ilustración de actualidade

Boreal defínese como «unha web que narra a realidade con ilustracións, onde ilustradores correspondentes debuxan os feitos da actualidade que consideran máis relevantes, coa intención de lembrar, reflexionar e deterse 24 horas nun tema, nunha idea, illados da voráxine informativa e visual destes tempos». A web lanzouse o pasado mes de setembro, e o equipo está composto por catro «ilustradores correspondentes» —Fernando Prado, Marthazul, Ana Ferrer e o noso socio Augusto Metztli—, aínda que confían en amplialo co paso do tempo. Este tráiler explica cal é a filosofía que move o equipo, que busca financiar o proxecto a través do seu lanzamento na web de crowdfunding Verkami, onde aínda quedan 30 días para colaborar.

Compartir