Notas de Axenda un pouquiño pasadas…

pero para que quede constancia, e dado que son de interese:
AGOSTO 2008:

Na Feira do Libro, no Cantón Grande da cidade da Coruña, celebrouse o  mércores 6 de agosto Graffiti e Letras, e o xoves 7 de
agosto de  tivo lugar o OBRADOIRO
DE DEBUXO E GRAFFITI A TRAVÉS DAS PALABRAS
, Impartido polo socio da
AGPI, Anxo Fariña, autor dos megatoxos.

_______________________________________________________________________

XULLO 2008:

A Asociación Galega de Editores (AGE), reunida
en Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección dos cargos da súa
Xunta
Directiva para os dous próximos anos, decidiu por maioría reelixir como
presidente a Alfonso García Sanmartín, director de Rodeira-Edebé, nunha
aposta
da asociación pola continuidade na liña de traballo desenvolvida nestes
dous últimos
anos.

O equipo directivo queda tamén
configurado polo vicepresidente, Francisco Alonso (Edicións Xerais de
Galicia);
a secretaria, Ana Guerra Cañizo (Edicións Obradoiro); a tesoureira,
Pilar
Sampil (Editorial Galaxia) e cinco vogais: Francisco Villegas (Edicións
do
Cumio), Irene Penas (Everest Galicia), Antonio Balboa (Edicións
Lóstrego),
Consuelo Carreira (Sotelo Blanco Edicións) e Tucho Calvo (La Voz de
Galicia).

Compartir