Nova edición do Foro Reimprímete

Mañá, martes 12 de maio, o Foro Reimprímete desenvolverá, a partir das 9:30, unha nova edición na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16 15705 Santiago de Compostela). A actividade contará coa presenza de César Antonio Molina, ex-ministro de Cultura, que impartirá a conferencia «O futuro da lectura»; unha mesa redonda con Francisco Castro (que falará de «Edición estendida»), Manuel Bragado (sobre «Edición hibridada») e M.ª Camino Pereiro (sobre «O desafío da innovación educativa: múltiples recursos para unha escola inclusiva»). Finalmente, ás

13:00 presentarase o proxecto Simbiotic de realidade aumentada.

O Foro Reimprímete foi constituído o 23 de abril de 2014, coa participación dunha vintena de organizacións de diferentes sectores profesionais relacionados co libro para pór en valor os contidos impresos en soporte papel. Entre os representados están a AGE, Gálix, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a DAG — Asociación Galega de Deseñadores, a AELG e a AGPI.

O programa completo pode lerse aquí.

Compartir