Nova entrega d’Os Megatoxos, de Anxo Fariña

O noso socio Anxo Fariña publica o quinto volume da súa serie Os Megatoxos, en que, como é habitual, asina o texto e as ilustracións. O libro titúlase Os Megatoxos e o dragón de xade, e está dispoñible nas librarías. En setembro xa estaba situado na lista dos máis vendidos, de acordo cos datos do blog Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.

En palabras do director de Xerais, Manuel Bragado, a serie creada por Anxo Fariña é «a saga da literatura xuvenil galega máis veterana e con maior número de títulos, como tamén a que conta con máis lectores (máis que entusiastas)».

Compartir