Novas BD a cargo de Xerais

A editorial Xerais porá á venda nos próximos días dúas novas bandas deseñadas realizadas por socios da AGPI. Por unha parte, aparece a anunciada novela gráfica Cartas de inverno, adaptación de Antonio Seijas da obra de Agustín Fernández Paz.

Ao mesmo tempo, chega tamén o primeiro volume da serie Marcopola: A illa remeira, de Jacobo Fernández Serrano, versión en galego da editada previamente por Mamut/Bang en castelán, catalán e francés. Este título inicia en Xerais unha colección dedicada á BD, chamada «Merlín comic», dirixida aos primeiros lectores

Compartir