Novas presentacións de ‘Cartas de inverno’

O noso socio Antonio Seijas participa nos próximos dúas en dúas novas presentacións da súa novela gráfica Cartas de inverno, adaptación da obra homónima de Agustín Fernández Paz.

A primeira será o próximo martes, 29 de xaneiro, ás 20:00 h, na libraría Alita Comics (rúa do Orzán 94, 15003 A Coruña), e contará coa participación de Manuel Bragado (director de
Edicións Xerais).
A segunda, o venres 8 de febreiro, tamén ás
20:00 h,
na escola profesional
de banda deseñada e ilustración O Garaxe
Hermético
(rúa Álvaro Cunqueiro 4, 36002 Pontevedra).

Por outra parte, o blog de Antonio Seijas daba noticia nos últimos días da inclusión de tres dos seus pósters nos decorados da serie televisiva La que se avecina, na temporada actualmente en emisión.

Compartir