Mañá, mércores 6 de xuño, ás 19:00 h, a Fnac da Coruña (Mercado Eusebio da Guarda, praza de Lugo s/n, 15004 A Coruña) acollerá a presentación de Castelao: O pobre tolo, de Inacio e Iván Suárez. O acto, ademais da dos autores e o editor (Manel Cráneo), contará coa presenza do oboísta Benxa Otero, que acompañará a lectura dun fragmento da obra. Ao finalizar, haberá unha sesión de sinaturas para o público interesado.
O sábado, día 9, outra publicación de Demo Editorial terá actividades de lanzamento. Pola mañá, ás 12:00, na Libraría Paz (rúa Peregrina 29, 36001 Pontevedra), e pola tarde, ás 18:00, na Libraría Banda Deseñada (rúa Cataluña 27, 36206 Vigo), será presentada a obra Sálpock: O val dos Cegos, de Álvaro López e Luis Sendón.