Novo libro ilustrado por Santy

O Consello da Cultura Galega presenta o novo libro do científico Xurxo Mariño (Lugo, 1969). A presentación se levará a cabo o vernes día 18 ás 11:30h no salón noble do instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e contará coa presencia dos seus autores. Os dados do reloxeiro: pó de estrelas é un libro divulgativo que recolle unha escolma das columnas quincenais sobre ciencia e tecnoloxía que Xurxo publica dende 2002 en Culturagalega.org e que nesta ocasión foi ilustrado coas viñetas de humor de Santy Gutiérrez.

Compartir