Novo número de ‘Agpirina’

A AGPI acaba de publicar o número 9 do seu boletín Agpirina, que se distribúe gratuitamente en papel (a través das feiras e eventos con presenza da asociación) e en formato PDF (968 Kb).

Este número contén, ademais de noticias sobre as actividades da asociación, dúas reportaxes: unha sobre a banda deseñada en Galicia, con entrevistas a tres dos autores máis destacados do panorama actual, os nosos socios José Domingo, David Rubín e Jacobo Fernández; e outra acerca da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, desde a perspectiva práctica de como se achegar a ela para lle tirar proveito como ilustrador, que escribiu a nosa socia Almudena Aparicio.

Compartir