Novo tomo de Le Manoir des Murmures

Acaba de sair nas librerías francesas “Le Manoir des murmures: Demian” segundo álbum da serie de David Muñoz, Tirso Cons e Javi Montes para a editorial Les Humanoïdes Associés. A editorial ven de crear un espazo no que se poden ver as primeiras oito páxinas do mesmo. A rotulación, como en anteriores colaboracións de Cons e Montes, está a cargo de Félix Ruiz, creador tamén do logotipo da serie.

Compartir