Sabor a Artesanía, a xornada que decorrerá en
Santiago este sábado, 6 de abril, conta cun cartel deseñado e ilustrado pola nosa socia Nuria Díaz.
Co subtítulo de «Enogastrorruta de divulgación da nova artesanía de Galicia», en Sabor a Artesanía artesáns de distintas ramas cambiarán os seus obradoiros
habituais por algúns dos mellores locais de hostalería do casco
histórico, e ademais de coñecer as súas pezas e forma de traballo,
poderase degustar nos distintos restaurantes e vinotecas colaboradoras un «pack artesán» preparado ao efecto.