Nuria Díaz, no primeiro Peter’s Room

Mañá, sábado 24 de agosto, desenvólvese en Vilagarcía de Arousa a primeira edición de Peter’s Room, unha mostra de creadores emerxentes que pretende conxugar deseño, hostalería e música. A previsión dos organizadores é que este showroom teña lugar cada dous meses en diferentes puntos de Galicia, e nesta primeira ocasión será no bar A
Goleta (avenida da Mariña 80, 36600 Vilagarcia de Arousa, Pontevedra), entre as 20:00 e as 00:30 h.

A nosa socia Nuria Díaz é a autora do cartel, e ademais participa coas súas obras xunto con Anaquiños de Papel e Iki Findik.

O evento incluirá a cata de cócteles especiais e
música, que porá a Duendeneta, unha furgoneta-disco.

Compartir