‘O carballo’, de Calros Silvar

O carballo é o título da nova obra do noso socio Calros Silvar. O libro, editado por Baía Edicións na versión galega, por Cossetània na versión catalá e conxuntamente por Ártabro e Lectio en castelán, abre unha nova colección de divulgación de elementos singulares do noso medio natural, dirixida a público infantil: «A aventura de vivir».

Calros Silvar encárgase de texto e ilustracións para explicar o ecosistema das árbores, as diferenzas entre as distintas especies, os perigos que as axexan e, finalmente, os seus usos culturais.

Entre as novidades de Baía tamén acaba de ver a luz a última novela de Chelo Suárez, A neve e o lume, ilustrada por Silvar. Varios bosquexos e artes finais destas ilustracións poden verse no blog do seu autor.

Compartir