O colectivo Ilustrando.com comprometido coas persoas con enfermidades raras

O colectivo formado por ilustradores de dentro e fóra de España  está a desenvolver a súa nova obra “Ilustrando que es Gerundio“, cuxos beneficios irán destinados a proxectos e servizos da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER)

Concretamente, a obra é a recompilación do traballo de 14 coñecidos profesionais entre os que se atopan Antón Romero, impulsor da iniciativa que, xunto con Rubén Pérez, asina os seus traballos como RuAn, ou a tudense Kristina Sabaite.

O libro de 32 páxinas a cor está prologado polo o ilustrador Roselino López, e nun principio será de venda exclusiva a través da plataforma Blurb desde a seguinte ligazón.
Os beneficios que se consigan a través da venda deste libro destinaranse a proxectos e servizos para as persoas con patoloxías pouco frecuentes. O obxectivo é mellorar a realidade destes 3 millóns de familias en España que sofren o illamento e a desesperación de sufrir unha enfermidade rara.

Sobre Ilustrando.com:

Ilustrando.com é unha comunidade internacional de artistas gráficos que pretende achegar a súa arte e coñecementos a todo aquel que o precise.
Ademais do seu labor profesional e de “ligazón”, Ilustrando.com comparte un espírito de colaboración que vai máis aló da elaboración de propostas artísticas conxuntas, extrapolándoas no seu compromiso con distintas causas.

Sobre FEDER
A Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) é a organización que integra aos pacientes con enfermidades de baixa prevalencia, tratándose dunha das principais plataformas de pacientes en España.
Está constituída por máis de 190 asociacións, representa máis de 1.500 enfermidades distintas e ten como misión loitar polos dereitos e intereses dos afectados, co fin de mellorar a súa esperanza e calidade de vida.

Compartir