O próximo
24 de novembro, o Consello da Cultura Galega organiza unha xornada
titulada «Arte + narrativa gráfica», que, baixo a coordinación de Miguelanxo
Prado e María Luísa Sobrino, incluirá catro conferencias sobre banda deseñada, todas elas enfocadas coa óptica do estudo académico, co obxecto de, como explican os organizadores, tentar
corrixir a «exigua achega teórica» que sobre o cómic existe en España e
Galicia.
Os relatores serán Ricardo Anguita, director do Centro de Cultura
Contemporánea da Universidade de Granada; Antonio
Altarriba, guionista
e profesor da Universidade do País Vasco; Juanjo
Guarnido, debuxante; e Gemma
Sesar, directora de El Patito Editorial.
Todos os detalles sobre a inscrición (gratuíta, aínda que con prazas limitadas)
e os contidos da xornada poden verse aquí.