O ladrón de palabras

Xa está á venda a última obra para o público infantil do noso socio Anxo Fariña, O ladrón de palabras. Asina a autoría tanto do texto como das ilustracións. A obra xa foi presentada oficialmente da man da Concellaría de Normalización lingüística do Concello de Pontevedra.
Paralelamente está a desenvolver uns obradoiros baseados no libro, e na mestura de debuxos e palabras. Uns xa tiveron lugar durante o mes de Marzo no concello de Pontevedra, onde participaron 400 rapaces.

Proximamente esta actividade será realizada en outros concellos de Galiza, empezando no mes de Maio en Vigo.

– Máis información no blog de Anxo Fariña

Compartir