O ‘Libro Blanco de la Ilustración’, en PDF

O Libro Blanco de la Ilustración Gráfica
en España,
editado por FADIP en 2004, está dispoñible xa en
formato PDF
(1,92 Mb). Desde hai
uns meses, o libro está esgotado na súa edición en papel, mais segue
a haber moito público interesado en acceder a el. Malia os seus cinco anos de
antigüidade, a gran maioría dos seus contidos seguen vixentes, e continúa
a ser unha obra de referencia para o sector.

O Libro Blanco contén unha
introdución histórica da ilustración en España, así como un repaso aos
diversos aspectos relacionados co exercicio actual da profesión; no aspecto
económico, por exemplo, incide en como facer un orzamento, criterios de
remuneración, etc., e contén o modelo de Contrato Marco comentado punto por
punto.

O único que se modificou da edición orixinal son as
táboas de tarifas incluidas nas páxinas 82 e 83, que se optou por non
reproducir, dado o tempo transcorrido desde a súa aparición inicial, e á espera
da publicación de novos estudos de prezos, en preparación nestes
momentos.

O volume está coordinado por Carmen Castro, e contén textos da
propia Carmen Castro, así como de Felipe Hernández Cava, Raquel Pelta, Arnal
Ballester,
Mariona Sardá,[Paco Giménez e Cristina Durán; contou co financiamento da Fundación Arte y Derecho.

Asimesmo, os socios de AGPI terán acceso ó libro na sección de descargas, dentro da zona socios de AGPI.es

Compartir