O libro O neno can, con relatos dos escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro e ilustracións da nosa socia Patricia Castelao, foi incluido polo Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais, con sede en Oslo, na lista Outstanding Books 2013, unha colección de títulos destacados polo seu tratamento da discapacidade. Só outros dous títulos españois conseguiron esta distinción nesta ocasión.
A selección supón, tal e como informa Francisco Castro, «entrar dentro dun catálogo que recolle as mellores publicacións do
mundo sobre esta temática e que se edita en varias linguas, e formar
parte dunha exposición que se inaugura na Feira de Boloña e que terá a
súa sede permanente en Oslo despois de itinerar por distintas capitais
do mundo».