O oficio de ilustrar: encontro con Carme Solé

A ilustradora e pintora barcelonesa Carme Solé Vendrell será a
protagonista dunha charla-encontro que, co lema “O oficio de ilustrar”,
se celebrará este xoves ás 18.30h na Galería Sargadelos de
Santiago
, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura.

Carme Solé falará da súa ampla traxectoria artística: máis de 700 títulos, entre álbums e libros de texto, publicados internacionalmente; participación en diversas exposicións; colaboracións en proxectos de escenografía; ademáis  de impartir cursos de ilustración
en Europa, América e Asia. Cabe destacar o Premio Nacional de Ilustración que recibiu en 2013, polo conxunto da súa obra.

Carme Solé visitará a exposición
de ilustracións, libros e instalacións artísticas da Campaña “Contos
para despois da chuvia”
, na que se pode ver unha selección de imaxes do
seu álbum “A lúa de Xoán”, publicado por Kalandraka. Publicado
orixinalmente en 1982, trátase dun dos traballos máis importantes na
bibliografía desta autora, por ter marcado a súa proxección
internacional.

“A lúa de Xoán”, aborda o temor á morte e a forma de
afrontalo. Esta é unha das cualidades que sobresaen da súa produción editorial: a reflexión -a través da ilustración e da literatura- sobre
temas profundos como a soidade, a tristura ou a perda dun ser querido;
un interés que responde ao compromiso da autora por falarlles aos nenos e
ás nenas sobre os seus medos e darlles respostas que non atopan nos
adultos.

Compartir