O presidente de AGPI, entrevistado na TVG

O programa cultural Eirado, que se emite os sábados pola noite no segundo canal da TVG, contou o pasado día 7 cunha entrevista co presidente da nosa asociación, Santy Gutiérrez.

Ao longo dos máis de dez minutos de entrevista, o presentador do espazo, Pemón Bouzas, vai debullando o presente e o futuro da ilustración en Galicia a través do traballo dos moitos profesionais dos diversos ámbitos do noso sector.

O vídeo (minuto 00:00 a 12:40) pode verse aquí.

Compartir