Mañá, sábado 12, na Casa das Insuas (rúa José Pardo y Pardo Montenegro 27, 27370 Rábade, Lugo), o noso socio Calros Silvar impartirá un obradoiro de bosquexos de campo. Trátase dun curso intensivo de iniciación á realización de apuntamentos do natural dirixido a biólogos, naturalistas, monitores de tempo libre e afeccionados á natureza en xeral, e terá unha duración de 6 horas (de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 18:30). O custo é de 6 euros para socios da AGCT, e de 10 euros para os non socios. Para obter máis información e inscribirse, pode acudirse á web da Casa das Insuas.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónhistoricoObradoiro de bosquexos de campo por Calros Silvar