Obradoiro de debuxo e ilustración da natureza

A partir do 3 de novembro, e ata o 26 de xuño de 2012, terá lugar un curso completo sobre
debuxo da natureza no CEIDA (Castelo de Sta Cruz, 15993 Liáns, Oleiros, A Coruña).

O obradoiro está impartido por Calros Silvar, e distribúese en tres bloques, que se poden
cursar independentemente: «Técnicas do bosquexo de campo», «Técnicas de debuxo da natureza» e «Técnicas de pintura da natureza».

Trátase dun obradoiro permanente que busca permitir a
capacitación progresiva do usuario nas técnicas empregadas no debuxo e a
ilustración da natureza, coñecer os materiais e as técnicas necesarias na realización dos
bosquexos de campo, bosquexos a cor e o traballo de estudio, así como a realización
de artes finais e a preparación de orixinais para a impresión ou a
publicación nos medios dixitais. Ademais, a iniciativa pretende formar e manter, mais aló dun curso puntual, un grupo de
interesados nunha actividade permanente, a xeito de viveiro, que espalle
e promova unha disciplina pouco coñecida e practicada no noso contorno.

Toda a información sobre os contidos e sobre como inscribirse, aquí.

Compartir