Obradoiros de BD con Jacobo Fernández Serrano

O noso socio Jacobo Fernández Serrano presenta estes días o seu novo libro de banda deseñada Marcopola 2: Os piratas da lúa —que en breve terá tamén edición en español, catalán e francés, da man do selo Mamut—, a través de talleres infantís de cómic que se desenvolverán nos distintos centros de El Corte Inglés en Galicia.

Así, hoxe, 14 de maio, a partir das 18:30 h, haberá un obradoiro de cómic no centro de El Corte Inglés de Santiago de Compostela; mañá, día 15, á mesma hora, un no de Vigo; e finalmente, o día 16, con idéntico horario, outro no da Coruña.

Compartir