Recentemente presentouse en Santiago o album de banda deseñada Os Áridos, promovido pola Asociación Galega de Áridos e debuxado por Manel Cráneo sobre un guión de Consuelo Chaves.
A obra ten unha tiraxe inicial de 10.000 exemplares e está enmarcada dentro dunha campaña promocional que pretende achegar aos máis novos ao universo das canteiras e ofrecer unha imaxe deste sector profesional e do seu respeto ao entorno no que se desarrolla.
O cómic está protagonizado por Lagartiño, un pequeno dumper que vai acompañado doutro camión máis vello durante o seu primeiro día de traballo na canteira có obxectivo de aprender os pormenores do seu traballo.
Máis información:
–El correo gallego
–Entrecomics
-Culturagalega 1 e 2