A trixésimo sexta edición do Salón del Libro Infantil y Juvenil de Madrid, que terá lugar no Centro Cultural Conde Duque (calle del Conde Duque 11, 28015 Madrid) entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro, terá presenza galega desde o mesmo cartel, que emprega unha ilustración feita polo noso socio Óscar Villán para os salóns do libro de 2012 da OEPLI.
Óscar tamén participa na exposición colectiva A qué me sabe este cuento, que se poderá visitar no recinto do salón.
Por outra parte, a nosa socia Marina Seoane imparte o día 16 de decembro, dentro do programa do salón, un taller de máscaras baseado no seu libro ¡Brujas!