Pablo Otero pinta os murais da nova «Libros para Soñar»

Mañá, venres 30 de setembro, inaugúrase unha nova libraría Libros para Soñar, especializada en literatura infantil e xuvenil (avenida de Fisterra 64, 15004 A Coruña). É a segunda que abre Kalandraka, despois da de Vigo.

A inaugración, entre outras actividades, servirá para poder ver os murais que realizou Pablo Otero, inspirados nas súas ilustracións para o libro Contos por teléfono, de Gianni Rodari.

Compartir