Participar na Mostra da Feria de Boloña 08

Os interesados en participar na selección para a Mostra de Ilustradores da Feira do Libro de Boloña 2008 han de enviar cinco ilustracións inéditas ou publicadas despois do 1 de xaneiro de 2005 a este enderezo:

Illustrators Exhibition
Fiction – Non Fiction [elexir a opción que corresponda]
BolognaFiere
Piazza Costituzione 6
40128 Bologna – Italy

A medida máxima das ilustracións será de 32 x 42 cm (ou 42 x 32 cm) no caso das ilustracións para a categoría de ficción, e de 50 x 70 cm (ou 70 x 50 cm) para as de categoría de non ficción. As imaxes deberán ir acompañadas da solicitude de participación que podemos atopar na web dos organizadores, e identificadas cunhas etiquetas que tamén están en dita web: información completa para participar na Mostra de Ilustradores da Feira do libro para nenos de Bolonia (en inglés).

O prazo de admisión de traballos remata o 19 de outubro de 2007.

(O pasado mes de maio de 2007 M. Cráneo e Ó. Villán asistiron á Feira do Libro para nenos de Boloña e escribiron media ducia de páxinas para informar sobre o evento: PDF en galego, PDF en castellano.)

Compartir