Paula Mayor ilustra ‘El mundo de Lovely Pepa’

Hoxe chega ás librarías o volume El mundo de Lovely Pepa — Descubre el lado más personal de la bloguera de moda, da galega Alexandra Pereira Romero. A encargada de facer as ilustracións para as cubertas e as páxinas interiores, ademais de deseñar e maquetar o libro, é a nosa socia Paula Mayor.

El mundo de Lovely Pepa é un achegamento á visión persoal da autora dun dos blogs máis seguidos no mundo, gañadora do premio á blogueira máis influente na New York Fashion Week 2013.

Na ficha da editorial pode verse a portada con máis detalle, e algunhas das páxinas do libro.

Compartir