Pirusca, no espazo Big VAN

O espazo cultural Big VAN (rúa do Brasil 37 baixo, 36204 Vigo) prepara mensualmente unha proposta cultural titulada «Tómate a tarde», co obxecto «de crear sinerxías, de formar unha comunidade» para levar a cabo proxectos conxuntos. Na edición de hoxe, xoves 21, a partir das 20:00 h, haberá presentacións dos proxectos de ilustración da nosa socia Pirusca, de deseño de mobles do estudio The Nude Design, e de libro infantil de Patasdepeixe Editora, coa actuación de Chao&Gracias DJs. Haberá ademais un viño e petiscos para os asistentes.

Compartir