Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición Plantando Libros no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche de Santiago de Compostela. Ó acto asistiron o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; a Concelleira de Educación e Mocidade do Concello de Compostela, Elvira Cienfuegos; o Director da Biblioteca 33, Pedro Lucas, e o ilustrador Óscar Villán en representación da AGPI. Houbo tamén unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure.
A exposición, que presenta 38 imaxes de 38 socios de APGI ilustradas por 38 textos de 38 escritores, pode verse desde hoxe ata o 17 de febreiro no CSC do Ensanche de Compostela, que abre de 10 da mañá a 9 da noite e está sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (a carón da Praza Roxa).