Plantando libros: versión dixital

plantando libros Acabamos de subir ó noso servidor a versión dixital de Plantando libros, a exposición inaugurada en febreiro deste ano [2006] no VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A exposición conta cun plantel de 78 artistas entre escritores e ilustradores que ofrecen a súa visión particular da natureza, e foi realizada seguindo un proceso de creación inverso ó habitual, no que os escritores escribiron as súas aportacións inspirándose nas ilustracións que previamente foron debuxadas por unha selección de 39 ilustradores.

Versión executable para PC [comprimido en .zip, 4,9 MB]
Versión executable para Mac [comprimido en .zip, 5,1 MB]

Compartir