Posta en marcha do blog do Observatorio e do foro de ‘Ilustracción!’

 O «Observatorio de la Ilustración Gráfica», iniciativa de Fadip, conta desde hai uns días cun blog aberto á participación dos profesionais. Nel podedes encontrar, naturalmente, máis información sobre este proxecto.

O seu enderezo: http://www.observatoriodelailustracion.org

Por outra parte, e como complemento a todo isto, de cara ao intercambio de
ideas, experiencias e todo tipo de temas de interese para os profesionais da ilustración, está activo tamén o Foro de “Ilustracción!”, en http://www.fadip.org/foro.

Agardámosvos.

Compartir